Eneko Bóveda Altube, nado en Bilbao o 14 de decembro de 1988, é un exfutbolista español que xogaba de defensa. Formouse na canteira do Athletic Club, co que debutou na Primeira División en 2009. Entre 2011 e 2015 militou no Eibar, co que logrou ascender dende a Segunda División B ata a Primeira. A continuación regresou ao Athletic, no que xogou ata 2018, antes de recalar durante tres campañas e media no Deportivo da Coruña, co que caeu dende Primeira á Segunda B. Pechou a súa carreira no 2022, despois dunha última tempada no Olympiakos Nicosia de Chipre.

Dende 2025 traballa como director de canteira do Athletic Club.

Traxectoria Athletic de Bilbao (2000-2011) Criado en Durango, uniuse á canteira do Athletic Club no ano 2000, procedente da Ikastola Maiztegui de Iurreta.​ En 2006 ascendeu ao segundo filial do club bilbaíno, o CD Basconia e, en 2008, ao Bilbao Athletic. Debutou co primeiro equipo do Athletic o 26 de abril de 2009 contra o Racing de Santander, ao entrar en substitución de David López. Xogou dous partidos de Liga máis antes de fracturar o quinto metatarsiano do pé esquerdo, en novembro de 2009.​ Tras o seu regreso permaneceu na disciplina do Bilbao Athletic sen ter ningunha participación máis co primeiro equipo.

SD Eibar (2011-2015) No verán de 2011 fichou pola SD Eibar que militaba en Segunda División B.​ Tivo un papel protagonista na tempada 2012-13, tanto en liga como no play-off de ascenso. O 13 de abril de 2014 marcou o seu primeiro gol en Segunda División, na derrota (1-2 ) contra o CD Tenerife.​ Nese mesmo partido, e despois de ter xogado 18 partidos, lesionouse de gravidade no xeonllo dereito.​ Finalmente, a SD Eibar logrou o ascenso a Primeira División. O 25 de agosto de 2014 volveu xogar en Primeira División, na primeira xornada de liga ante a Real Sociedad, nunha histórica vitoria por 1-0.​ Exactamente dous meses despois anotou o seu primeiro gol na competición, cun golpeo desde 25 metros que entrou polaa escuadra, e que serviu para darlle un punto ao Eibar ante o Granada. Finalizou a temporada tras disputar 35 partidos de Liga, todos eles como titular. En catro temporadas no club eibarrés pasou de xogar en Segunda División B a Primeira División.

2ª etapa no Athletic (2015-2018) En xuño, tras finalizar contrato co club armeiro, regresou ao Athletic Club para substituír a Andoni Iraola.​ Comezou a súa nova etapa no club branco e vermello gañando a Supercopa de España de 2015, na que o Athletic se impuxo ao Barcelona por 5-1. Na súa primeira tempada alternou as posicións de lateral dereito e central, tras a lesión do seu compañeiro Aymeric Laporte. Disputou 37 partidos (23 de Liga, 9 de Europa League, 3 de Copa e 2 de Supercopa).​ Na súa segunda tempada participou en 19 partidos de Liga, 3 de Copa e 1 de Europa League, a maioría deles na primeira volta pola lesión de Óscar de Marcos. Na terceira campaña non puido aproveitar a baixa por lesión de De Marcos, quedando relegado ao banco en favor de Iñigo Lekue.

Deportivo da Coruña (2018-2021) O 22 de xaneiro de 2018 o Athletic Club anunciou o acordo co xogador para rescindir o contrato entre ambas partes. Á súa vez o Deportivo da Coruña anunciou a súa fichaxe cun contrato até xuño de 2020. O 27 de xaneiro debutou en Riazor, como xogador branquiazul, no empate a dous ante o Levante ao saír en substitución do lesionado Sidnei. O 9 de marzo, nun partido ante o Girona, sufriu unha grave lesión muscular no tríceps da súa perna esquerda, despois de ter sido titular nas últimas sete xornadas tanto de central como de lateral dereito. Non volveu xogar no que restaba de tempada e viu dende fóra como o seu equipo descendía á Segunda División.

Disputou un total de 24 partidos na tempada 2018/19, na que o equipo non conseguiu o ascenso, tras ser derrotado polo Mallorca nos play-offs. Na tempada 2019/20 disputou 31 partidos, acabando o club por descender á Segunda División B por segunda vez na súa historia.

Bóveda foi un dos poucos xogadores que permaneceron no equipo tralo descenso deste á 2ª B. O 18 de outubro de 2020, na primeira xornada da categoría de bronce, marcou de cabeza o tanto do triunfo fronte ao Salamanca CF (2-1) no minuto 97. Disputou 17 dos 24 encontros de liga, todos eles como titular. O 5 de xullo de 2021, anunciouse a marcha de Bóveda do conxunto branquiazul tras tres tempadas e media.

Olympiakos Nicosia (2021-2022) A finais de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Olympiakos Nicosia da Primeira División de Chipre. Xogou case todos os partidos da liga chipriota, a maioría como titular e disputou co equipo a promoción de permanencia, logrando manter a categoría. Ao remate da campaña anunciou a súa retirada do fútbol, aos 34 anos de idade.

Trala retirada Uns meses despois da súa retirada pasou a formar parte do equipo de desenvolvemento deportivo e cesións do Athletic, como captador de novos talentos para o club. En xuño de 2025 converteuse no novo director de canteira do club.

Palmarés Eibar Segunda División (1): 2013/14.

Athletic Club Supercopa de España (1): 2015.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en soccerway.com . Datos do xogador en Transfermarkt .

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Olympiakos Nicosia Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco