miniatura|Primeira páxina da revista "La Gorda", publicada o 10 de novembro de 1868. La Gorda foi unha revista antiliberal publicada en Madrid. Apareceu por primeira vez o 10 de novembro de 1868 e deixouse de publicar no ano 1870. Tiña catro páxinas e publicábase seis veces ao mes. A subscrición mensual era de 4 reais. Editouse en varias imprentas pero, sobre todo, na de J. Noguera, na rúa Bordadores nº7, de Madrid.

La Gorda, a pesar do seu subtítulo "Periódica (sic) liberal" era unha publicación carlistaAlmuiña (2015); p. 33 que tomara como título o nome popular dado á revolución de 1868Fuentes (1997), p. 124, esaxeraba e apoiaba as propostas máis revolucionarias e extremistas para provocar unha reacción conservadora. Extremaba as críticas contra as autoridades do Sexenio o que provocou a actuación da denominada "Partida de la Porra" e que tivera que pechar a mediados de 1870. Entre os seus redactores estaban os condes de Liniers, Esteban Garrido, José María Fernández Bremón e Rafael Chico de Guzmán.Almuiña (2015); p. 34

Tivo como competencia e réplica á revista republicana e federal, La Flaca.

Probablemente tivo unha ampla relación de continuación coa publicación La Gordísima que fora fundada o 8 de xaneiro de 1869, xa que esta publicábase tamén seis veces ao mes, con catro páxinas e tirábase na mesma imprenta, cun prezo de 4 cuartos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos La Flaca

Ligazóns externas Ficha de La Gorda na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica da BNE.

Categoría:Historia de España do século XIX Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Revistas españolas do século XIX