O aeroporto internacional José María Córdova é o segundo aeroporto máis grande de Colombia despois do aeroporto El Dorado de Bogotá en termos de infraestrutura e servizos. Está situado na cidade de Rionegro, a 45 minutos de Medellín.
É o principal centro de conexións para a aeroliña de baixo custo Viva Colombia. Ten voos internacionais cara Estados Unidos, Panamá, Costa Rica, O Salvador, Venezuela, Ecuador, Perú, México, Curaçao e España. Opera ademais voos domésticos á meirande parte das grandes cidades colombianas, como Bogotá, Cali, Barranquilla, Cartaxena, Santa Marta e a illa San Andrés. Tamén é un aeroporto importante para o tráfico de mercadorías, proporcionando transporte aéreo a moitos dos exportadores de flores do leste de Antioquia cara toda América e Europa.
Dende a súa inauguración en 1985 ata o ano 1990 a terminal tivo un gran movemento de carga e pasaxeiros, en gran parte debido ao peche do aeroporto Olaya Herrera, situado no centro de Medellín, durante ese tempo. Cando volveu abrir, o seu tráfico reduciuse. Porén, dende o ano 1993 o tráfico incrementouse a un ritmo estable e tamén houbo un aumento no número de aeroliñas que operan no aeroporto, como American Airlines, LATAM, TACA ou Aerogal.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Medellín-Córdova