Vicente Barrio Minguito, nado en Quemada (provincia de Burgos) o 27 de outubro de 1863 e finado en Madrid o 10 de xullo de 1926, foi un sindicalista e fontaneiro español, secretario xeral da Unión Xeral de Traballadores.
Traxectoria Foi o sucesor de Antonio García Quejido na Secretaría Xeral da Unión Xeral de Traballadores e permaneceu no cargo entre 1903 e 1918. Foi o primeiro presidente da Unión Ferroviaria, fundada en 1909. En 1909 foi elixido concelleiro do Concello de Madrid, cesando en 1913.
Barrio mostrouse reluctante á colaboración cos anarquistas en 1916, aínda que ao cabo foi un dos uxetistas asinantes, xunto a Besteiro e Largo Caballero, do pacto de Zaragoza de xullo de 1916 coa CNT, representada por Salvador Seguí e Ángel Pestaña, que posibilitou a folga de decembro. No relativo a devandito proceso, foi situado como «moderado».
Finou en Madrid o 10 de xullo de 1926.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1863 Categoría:Nados en Quemada Categoría:Finados en 1926 Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Concelleiros de Madrid