2naFronteira (Dous na Fronteira) é un dúo musical italo-galego formado en 2008 en Italia, integrado por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.

Traxectoria Formado en 2008 en Italia e establecido en Galicia dende 2013. Integrado por Carmen Penim (voz) e Maurizio Polsinelli (piano e harmonio).A formación ampliada inclúe percusión, violín, nickelharpa, violoncello, guitarra, bouzouki…

Interpretan temas orixinais para voz e harmonio. Música de autor, jazz e sefardí, entre outras, con influencias do jazz, tradicional galega, lied europeo, rock progresivo italiano. En 2016 foron nomeados xuíces honorarios do Couto Mixto.

Discografía Humo en los ojos. Italia 2011 Alma (CD), 2013 Zapatiños para Díaz Castro (CD), 2014 "2naFronteira propoñen no Museo de Belas Artes da Coruña un percorrido musical pola poesía de Díaz Castro". Museos de Galicia, 26/6/2014"Los versos de Díaz Castro, musicados por 2nafronteira". El Progreso, 27/1/2018 Sons de Nós (CD), 2015 "Nós mostrounos o camiño a seguir e aínda non percorremos nin a metade". Praza, 16/10/2015."2naFronteira homenajean a Nós y las Irmandades da Fala". La Voz de Galicia, 15/9/2016 Herdeiras (libro-CD), 2017

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mega. Música en Galicia CCG. Músicos ao vivo , 6/3/2016

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais en galego