Nella Larsen, nada como Nellie Walker en Chicago (Illinois) o 13 de abril de 1891 e finada en Nova York o 30 de marzo de 1964, foi unha novelista norteamericana do Renacemento de Harlem.

Traxectoria Traballou como enfermeira e bibliotecaria e publicou dúas novelas, Quicksand (1928) e PasarTraducida do inglés ao galego por Carlos Valdés e publicada en 2018 por Irmás Cartoné. (Passing no orixinal inglés) (1929), amais duns poucos relatos curtos. Malia o austero da súa produción, recibiu o recoñecemento dos seu contemporáneos. Así mesmo, a finais do século XX houbo un renovado interese pola súa obra literaria, nun momento no que os conflitos raciais e de identidade sexual tiñan especial transcendencia. Tamén foi a súa obra albo de estudos académicos e a autora está considerada "non só como a primeira novelista do Harlem Renaissance, senón tamén como unha figura de relevo dentro do modernismo americano"Bone, Martyn (2011), "Nella Larsen" in The Encyclopedia of Twentieth-Century Fiction, Wiley-Blackwell, pp. 658-659 ..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Passing no Internet Archive (edición orixinal escaneada) "Nella Larsen", ligazóns e bibliografía na páxina web da Washington State University .

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1891 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América