STS-51-A foi unha misión do transbordador espacial Discovery, lanzada o 8 de novembro de 1984 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-51-A, con cinco astronautas a bordo (Frederick Hauck, David M. Walker, Joseph P. Allen, Anna Fisher e Dale Gardner), foi lanzada para poñer en órbita dous satélites (Telesat H e Leasat 1, tamén coñecido como Syncom-IV 1) e recuperar por primeira vez outros dous satélites, PALAPA B2 e Westar 6, postos en órbita previamente pola misión STS-41-B e que fallaron en chegar á súa órbita final. A tripulación fixo tamén varios experimentos, como o DMOS e RME.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 16 de novembro de 1984.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS