Adolfina Mesa Goyo, nada en Cagua (Venezuela) o 13 de novembro de 1970, é unha poeta e pintora residente en Galicia.
Traxectoria Filla de nai venezolana e pai español, estudou Diplomado en Ciencias Empresariais e traballou durante anos na industria metalúrxica e petroleira. En 2004 trasladou a súa residencia a Galicia, estando moi ligada á terra de Monterroso.
Desenvolve a súa pintura e as artes decorativas a nivel artístico e docente. Participou en exposicións de pintura individual e colectiva en España e Portugal. Tamén participou en exposicións colectivas e en recitais poéticos no Roteiro das Artes 2015 e 2016. Participou coa súa poesía no libro colectivo homenaxe a Manuel María, na Antoloxía do Roteiro das Artes e do libro colectivo Roteiro das Artes Internacional Galicia-Mozambique, Galicia-Nicaragua, Galicia-Cabo Verde, Galicia-Ucraína e Galicia-Perú. Tamén colaborou na revista lucense Xistral. En 2018 participa na Colectânea de Poesia Luso-Galaica:
A súa poesía, tanto en castelán como en galego, é intimista, romántica, tráxica, entre outros matices crítica e explosiva no seu versar, tendo como referentes os poetas Benedetti, Pablo Neruda e Alejandra Pizarnik.
Obras Poemas y catarsis (2017), Editorial Círculo Rojo, ISBN 978-84-9175-630-9
Publicacións colectivas Libro colectivo Roteiro Das Artes-Monterroso 2015 Libro colectivo Roteiro Das Artes-Teo 2015 Libro colectivo Roteiro Das Artes-Padrón 2016 Libro colectivo Roteiro Das Artes-A Coruña 2016 Libro colectivo Roteiro Das Artes-Taboada 2016 Libro colectivo Roteiro Das Artes-Sarria Maio 2016 Libro colectivo Roteiro Das Artes-Chantada-Xuño 2016 Libro colectivo Roteiro Das Artes breve Historia Antoloxia-Redelibros. 2016. Manuel María -Libro Colectivo de Homenaxe no seu día das Letras Galegas 17 de maio de 2016. Deputación de Lugo, Galicia. Xistral # 20 ano 2017 Revista Lucense de Creación Poética. Concello de Lugo e Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Libro Poemas Pendurados De Farolas. LUMES, NUNCA MÁIS! Libro Dixital (publicado en: www.CulturaliaGz.com) 2018 Libro Dixital Colectivo Portugalicidades (publicado en: www.culturaliagz.com) 2018 Folleto poético dixital Poesía en Feminino "Dia da muller Traballadora". (Publicado en: www.CulturaliaGz.com) 2018. Libro Dixital POEMÁN, (Publicado en: www.CulturaliaGZ.com) marzo de 2018. Revista Dixital Cultural e Póetica Intropia de Madrid, colaboradora nas publicacións poéticas. Xaneiro, febreiro e marzo de 2018.
Publicacións colectivas internacionais: Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- GALIZA-MOÇAMBIQUE: NUMA LINGUAGEM E NUMA SINFONÍA Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo-GALIZA-NICARAGUA: MORRIÑA ENTRE LAGOS Y VOLCANES Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- CABO VERDE-GALIZA: ABRAÇO POÉTICO Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- ANGOLA-GALIZA: SEMENTES DÁ LINGUA Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo-GALIZA-UCRANIA: HARMONÍA DE CORAZÓNS Roteiro das Artes internacional Libro Colectivo- GALIZA-PERÚ: LIBÉRRIMO AUSTRAL. Colectânea de Poesia Luso-Galaica, setembro 2018.
Premios
2020: Gañadora da XXX edición do Certame Galego de Arte “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome. 2020: Premio Paris ne finit jamais en Creación literaria [adultos] por Labios confinados.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Adolfina Mesa 20px Adolfina Mesa, canle de YouTube
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Venezuela Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Venezuela Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Pintores de Venezuela