STS-59 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 9 de abril de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-59, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para cartografar a superficie terrestre mediante o paquete de instrumento Space Radar Laboratory 1 e facer estudos xeolóxicos, xeográficos, hidrolóxicos, oceanográficos, agronómicos e botánicos. Tamén medíu a cantidade de dióxido de carbono na troposfera a participou no experimento de radioafeccionados SAREX II. A tripulación estaba formada polo comandante Sidney M. Gutierrez, o piloto Kevin P. Chilton, a comandante de carga Linda M. Godwin e os especialistas de misión Jay Apt, Michael R. Clifford e Thomas D. Jones.
Entre os instrumentos de a bordo atopábanse SIR-C, un radar en banda C e banda L; X-SAR, un radar en banda X construído por Alemaña e Italia; e MAPS, para o estudo global da contaminación. En total na misión estaban representados 13 países con 49 investigadores principais e máis de 100 científicos coordinados polo JPL.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 20 de abril de 1994.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS