O aeroporto internacional Chūbu Centrair é un aeroporto situado nunha illa artificial na baía de Ise, en Tokoname, na prefectura de Aichi. Atópase a 35 quilómetros ao sur da cidade de Nagoia, no centro do Xapón.

Centrair está clasificado como un aeroporto de primeira clase e é a primeira porta de entrada internacional para a rexión de Chūbu. O nome "Centrair" (セントレア Sentorea) é unha abreviación de Aeroporto Internacional do Centro do Xapón, unha tradución alternativa usada no nome inglés da empresa operadora do aeroporto, Central Japan International Airport Co., Ltd. (中部国際空港株式会社 Chūbu Kokusai Kūkō Kabushiki-gaisha). No ano 2015 usaron o aeroporto 10,2 millóns de pasaxeiros, sendo o oitavo máis concorrido do país.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Chūbu Centrair