Atanasio López-Ordóñez y Fernández, O.F.M., nado en Boñar (provincia de León) o 12 de outubro de 1876A GEG indica que naceu en novembro e Couceiro, del Riego e a RAG que foi o 12 de outubro. e finado en Santiago de Compostela o 1 de marzo de 1944, foi un relixioso franciscano, historiador, cronista xeral da provincia de Santiago, prolífico escritor e membro numerario da Real Academia Galega.
Traxectoria Tomou o hábito franciscano en Compostela en 1891, e ordenouse sacerdote en 1899. Dirixiu El Eco Franciscano en 1904 a 1905, ano no que foi destinado a Quaracchi, Florencia. Colaborou no Archivum Franciscanum Historicum (1908) e na Revista de Estudios Franciscanos.Enciclopedia Galega Universal. En 1915 foi nomeado correspondente da Real Academia da Historia. Foi membro de honra da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. De 1920 a 1931 dirixiu a publicación madrileña Archivo Ibero-Americano. Publicou dous traballos en galego na revista Logos: "Conventos de Santa Clara de Pontevedra" e "Documentos galegos medievais".
A proposta de Narciso Correal, Manuel Banet e Ramón de Artaza Malvárez, ingresou na RAG o 27 de xullo de 1941, canda outros académicos que o fixeron o mesmo día, dezanove en total.
Lino Gómez Canedo foi o seu discípulo.
Obra Viaje de San Francisco a España, 1914. La provincia de España de los frailes menores, 1915. Estudios crítico-históricos de Galicia: conferencias leídas en el Círculo de la Juventud Antoniana de Santiago, 1916. "La literatura crítico-histórica y el trovador Juan Rodríguez de la Cámara o del Padrón", 1918, conferencia. Memoria histórica de los Obispos de Marruecos desde el siglo XIII, 1920. San Buenaventura en la bibliografía española, 1921. "El Vicariato Apostólico español de Marruecos aclaraciones necesarias", 1921. Los falsos cronicones en la historia de Galicia, 1923. Descripción de los manuscritos franciscanos existentes en la biblioteca provincial de Toledo, 1926. Confesores de la familia real de Aragón, 1929. La imprenta en Galicia. Siglos XV-XVIII, premiado en 1943 pola Biblioteca Nacional de España, editado en 1953. Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia, 1947, con introdución e notas de Lino Gómez Canedo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Gómez Canedo, Lino (1944). P. Atanasio López, O. F. M. (1876-1944) in memoriam. Madrid.
Outros artigos Orde franciscana Ligazóns externas Artigos de Atanasio López Fernández no Boletín de la Real Academia Gallega (1914-1943) (todos en castelán). "Bibliografía y Artículos de Atanasio López" en www.franciscanos-santiago.org .
Categoría:Franciscanos de España Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Boñar Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1944
Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega