María Barcala Porto, nada en Vila de Cruces o 15 de marzo de 1957, é unha actriz galega.

Traxectoria En 1979 participou na fundación da compañía Teatro Da Mari-Gaila en Santiago de Compostela e con ela actuou en varias montaxes ata 1984 cando a compañía desapareceu. En 1984 participou na primeira montaxe do Centro Dramático Galego, Woyzeck de Georg Büchner. En 1985 e 1986 pasou unha temporada en Madrid participando no colectivo teatral Guirigai. Tras a súa volta a Galicia pasou a formar parte de Teatro do Atlántico e participou en producións do CDG como A noite vai coma un río de Álvaro Cunqueiro.

Participou en Divinas Palabras de José Luis García Sánchez. En 1992 actuou na mediometraxe de Antonio Francisco Simón, Un café de ollos verdes. Nos anos 2000 a 2001 interpretou a Isabel Losada na serie da TVG Rías Baixas.

Recoñecementos

Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva do concello de Padrón, 2016.La Voz de Galicia, Santiago, 11-2-2016, p. 11. Vida persoal

Casou con Xulio Lago Alonso, é nai de Aleixandre Lago Barcala.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Actores de Vila de Cruces Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes