STS-68 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 30 de setembro de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-68, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións mediante radar da superficie terrestre co laboratorio SRL-2 a bordo. Tamén fixo medicións dos niveis de dióxido de carbono na troposfera e se realizaron outros experimentos a bordo. A tripulación estaba formada polo comandante Michael A. Baker, o piloto Terrence W. Wilcutt, o comandante de carga Thomas D. Jones e os especialistas de misión Steven L. Smith, Daniel W. Bursch e Peter J. K. Wisoff.
O SRL-2 estaba deseñado para obter datos xeolóxicos, hidrolóxicos e agronómicos e serviu para gañar experiencia de cara futuros radares espaciais. Tamén recolleu datos sobre a distribución global de dióxido de carbono na troposfera. Entre os instrumentos de SRL-2 estaban SIR-C (un radar en banda C e banda L), X-SAR (un radar en banda X), MAPS para o estudo da contaminación atmosférica e un procesador espectral de ondas oceánicas para recoller datos sobre a lonxitude de onda das ondas superficiais dos océanos, dirección e altura.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 11 de outubro de 1994.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS