O home invisible (en ) é unha novela de ciencia ficción escrita por H.G. Wells. Orixinalmente serializada en Pearson's Weekly en 1897, foi publicada como unha novela ese mesmo ano. O home invisible do título é "Griffin", un científico dedicado á investigación da óptica que inventa un xeito de igualar o índice de refracción dos corpos co do ar polo que non absorben nin reflicten a luz e fainos invisible. Consegue con éxito levar a cabo este procedemente no seu propio corpo, mais erra no seu intento de revertelo. Un apaixonado de violencia aleatoria e irresponsable, Griffin converteuse nunha personaxe icónica do terror de ficción. Malia que as obras anteriores de Wells, A máquina do tempo e A illa do doutor Moreau, foron escritas empregando narradores en primeira persoa, nesta ocasión emprega o punto de vista en terceira persoa.

Foi traducida ó galego por Francisco Bedoya Díaz e publicado por Xerais en 1991.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grandes do noso tempo Ligazóns externas O home invisible no Proxecto Gutenberg

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1897 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎ Categoría:Novelas de ciencia ficción Categoría:Novelas ambientadas en Londres