miniatura|Mahatma Gandhi empregou con éxito as estratexias da non-violencia e a desobediencia civil contra o Imperio Británico na India.

A non-violencia é unha filosofía e estratexia para o cambio social que rexeita o uso da violencia.

Descrición Como tal, a non-violencia é unha alternativa á aceptación pasiva da opresión e á loita armada contra ela. As persoas que practican a non-violencia poden usar varios métodos nas súas campañas para o cambio social, incluíndo as formas esenciais da educación e a persuasión, a desobediencia civil e a acción directa non-violenta, e a comunicación realizada a través dos medios de comunicación.

A non-violencia está moitas veces ligada co pacifismo mais son fundamentalmente diferentes. O pacifismo rexeita o uso da violencia como unha decisión persoal por razóns morais ou espirituais, mais non implica unha inclinación cara ao cambio sociopolítico. A non-violencia, por outra banda, supón a intención de (mais non se limita ao) cambio social ou político como unha razón para o rexeitamento da violencia.

Unha persoa pode defender a non-violencia nun contexto específico, mentres defende a violencia noutros contextos.

Historia recente Nos tempos modernos, a non-violencia foi unha poderosa ferramenta para a protesta social.Ronald Brian Adler, Neil Towne, Looking Out/Looking In: Interpersonal Communication, 9th ed. Harcourt Brace College Publishers, p. 416, 1999. "In the twentieth century, nonviolence proved to be a powerful tool for political change."Lester R. Kurtz, Jennifer E. Turpin, Encyclopedia of Violence, Peace, and Conflict, p.557, 1999. "In the West, nonviolence is well recognized for its tactical, strategic, or political aspects. It is seen as a powerful tool for redressing social inequality."Kurlansky, M., Nonviolence: The History of a Dangerous Idea, Foreward by Lama Dalai Lama, p. 5-6, Modern Library (8 de abril de 2008), ISBN 0812974476 "Advocates of nonviolence — dangerous people — have been there throughout history, questioning the greatness of Caesar and Napoleon and the Founding Fathers and Roosevelt and Churchill." Hai moitos exemplos do seu uso na resistencia non-violenta e a revolución non-violenta.

Algúns exemplos son Mahatma Gandhi, líder de décadas de loita non violenta contra o longo dominio británico na India, que, finalmente, axudou a India a gañar a súa independencia en 1947, Martin Luther King, adoptou os métodos non violentos na loita para gañar os dereitos civís dos afroamericanos ou as campañas de César Chávez na década de 1960 para protestar contra o tratamento dos traballadores agrícolas en California.Stanley M. Burstein and Richard Shek: "World History Ancient Civilizations ", páxina 154. Holt, Rinhart and Winston, 2005. As Chavez once explained, "Nonviolence is not inaction. It is not for the timid or the weak. It is hard work, it is the patience to win." En 1989, a "Revolución de Veludo" en Checoslovaquia, que levou á caída do goberno comunista, é considerada unha das máis importantes revolucións non-violentas dunha gran parte de 1989.Ives, Susan. «No Fear », 19-10-2001. [Consulta: 17 maig 2009].

Máis recentemente, campañas, non-violentas de Leymah Gbowee e as mulleres de Liberia foron quen de acadar a paz despois de 14 anos de guerra civil.Chris Graham, Peacebuilding alum talks practical app of nonviolence , Augusta Free Press, 26 de outubro de 2009.

Seguidores No estudo "Porque a resistencia civil funciona", sobre o éxito dos métodos violentos e non-violentos, os primeiros conseguen unha cuarta parte dos obxectivos en comparación cos non-violentos que obteñen o éxito na metade dos casos.Stephan, Maria J.; Chenoweth, E.: «Why Civil Resistance Works». International Security, 3; 1 2008, páx. 7-44.

Críticos, detractores e adversarios Lev Trotski, Frantz Fanon, Reinhold Niebuhr, Subhash Chandra Bose, George Orwell, Ward ChurchillChurchill, Ward et al. Pacifism as Pathology. Arbeiter Ring, 1998. e Malcolm X foron algúns críticos fervorosos da non-violencia, argumentando de varias formas que a non-violencia e o pacifismo son un intento de impoñer a moral da burguesía sobre o proletariado, que a violencia é unha necesario acompañamento á mudanza revolucionaria, ou que o dereito á lexítima defensa é fundamental.

No medio da represión violenta de radicais afroamericanos nos Estados Unidos durante a década de 1960, o membro dos Panteras Negras George Jackson dixo das tácticas de non-violencia de Martin Luther King:

Malcolm X tamén se enfrontou cos líderes dos dereitos civís sobre o tema da non-violencia, argumentando que a violencia non é unha opción para descartar:

No seu libro How Nonviolence Protects the State (Como a non-violencia protexe o estado), o anarquista Pedro Gelderloos critica a non-violencia como ineficaz, racista, estadista, patriarcal, cunha táctica e estratexia inferior ao activismo militante, e errónea.Gelderloos, Peter. How Nonviolence Protects the State. Boston: South End Press, 2007. Gelderloos afirma que as tradicionais e edulcoradas historias do impacto da non-violencia ignoran a participación de membros dos movementos como o Movemento de independencia da India e o Movemento afroamericano polos dereitos civís e falsamente amosan Gandhi e King como os activistas de máis éxito nestes respectivos movementos.Ibid., p.7-12. Ademais, argumenta que a non-violencia é xeralmente defendida polos brancos con privilexios que esperan que "os pobos oprimidos, moitos dos cales son as persoas de cor, sufran con paciencia a violencia inconcibíbel, ata o momento en que o 'Gran Pai Branco' sexa influído polas demandas do movemento ou dos pacifistas cando eles acaden a masa crítica lendaria" (o número suficiente de persoas).Ibid., p.23.

A eficacia da non-violencia tamén foi cuestionada por algúns manifestantes anti-capitalistas defendendo unha "diversidade de tácticas" durante as manifestacións na rúa en toda Europa e os Estados Unidos de América despois das protestas contra a Organización Mundial do Comercio realizadas en Seattle e en Washington en 1999.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ahimsa Pacifismo Desapego Desobediencia Civil Visibilidade Día Internacional da Non-Violencia

Ligazóns externas

L M Xirinacs: Filosofia i pràctica de la no-violència: les seves capacitats i estratègies en processos de transformació social. Dia Escolar de la No-violència i la Pau Noviolencia y Acción Solidaria. Plataforma de formación solidaria desde la noviolencia. Es Ser noviolento, per Alfredo Vallota Es Acción directa noviolenta: Como preparar y organizar campañas y acciones Es Decenio internacional de la promoción de una cultura de la no-violencia y la paz Es La no-violencia profética Ensayo del teólogo unitario universalista Dr. Paul Rasor. Es Mario López (2004) "Noviolencia para generar cambios sociales visibles", Revista Polis, Santiago de Chile (en https://web.archive.org/web/20070629024149/http://www.revistapolis.cl/9/novio.htm). Es VV.AA. (2003) La noviolencia. La transformación creativa del conflicto social.Medellín, Gobernación de Antioquia (https://web.archive.org/web/20070915165637/http://www.saliendodelcallejon.pnud.org.co/img_upload/6d6b6f7338396468346236633233737a/Noviolencia.pdf) Es Desobediencia civil y no-violencia. Antología Es

Categoría:Non violencia Categoría:Pacifismo