Os baxkires (en , Başqorttar, en , Baškiry) son un grupo étnico turco que habita en Baxkortostán, a ámbolos dous lados dos Urais, na área entre Europa Oriental e o norte de Asia. Tamén existen comunidades baxkires na República de Tatarstán, Krai de Perm, Chelyabinsk, Orenburg, Tyumen, Sverdlovsk, Kurgan e outras rexións de Rusia, así como en Kazakhstán e noutros países.

A maioría dos baxkires falan o baxkir, estreitamente relacionada co tártaro e co kazako, que pertence á póla kipchak das linguas turcas. Os baxkires teñen moitas afinidades culturais con outros pobos turcos, e a súa relixión é maioritariamente o islam sunnita.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Grupos étnicos de Rusia Categoría:Pobos turcos