O aeroporto internacional de Wellington , anteriormente coñecido como aeroporto de Rongotai, é un aeroporto situado no suburbio de Rongotai da cidade de Wellington, a capital de Nova Zelandia. Atópase a 5,5 quilómetros ao sueste do centro da cidade. É un centro de conexións para Air New Zealand e as súas subsidiarias. Wellington International Airport Limited, unha empresa conxunta formada entre Infratil e o Consello da cidade de Wellington, opera o aeroporto.

Wellington é o terceiro aeroporto máis concorrido de Nova Zelandia (despois de Auckland e Christchurch) sendo usado por un total de 6 049 194 pasaxeiros no ano que rematou o 31 de marzo de 2017. O aeroporto, ademais de unir moitos destinos de Nova Zelandia con aeroliñas nacionais e rexionais, tamén ten voos cara a grandes cidades no leste de Australia. É tamén fogar dalgúns pequenos negocios de aviación xeral, incluído o Aero Club de Wellington.

O aeroporto ocupa unha superficie de 110 hectáreas nunha pequena parte do istmo de Rongotai, un tramo de terras baixas entre o propio Wellington e a peníncula de Miramar. Ten unha única pista de 2 081 metros con ILS en ámbalas dúas direccións.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do aeroporto

Wellington