Río Inxerto é un pequeno río do concello de Narón que fai de límite natural co concello de Ferrol. É un río urbano encaixado entre edificios e canalizado no seu tramo final.

miniatura|260px|dereita|Estación de bombeo do Inxerto, na Gándara.

Dende a década de 1980 a construción do Polígono industrial da Gándara e a urbanización da Gándara fixeron que o río fose canalizado, e o aumento da poboación provocou que terminase sendo parte do servizo de saneamento do concello vertendo augas sen tratamento á ría de Ferrol. En inverno a canalización insuficiente facía que desbordase. Estas novas canalizacións fixeron que fose trocado o trazado orixinal do río. En 2010 aprobouse un proxecto de saneamento.INFORME DE VIABILIDAD DEL “PROYECTO DE SANEAMIENTO Y RECUPERACIÓN AMBIENTAL DEL RÍO INXERTO Y SANEAMIENTO DEL RÍO TRONCO (T. M. FERROL). CLAVE: 01.490.198/2111 (según lo contemplado en la Ley 11/2005, de 22 de Junio, por la que se modifica la Ley 10/2001, de 5 de julio, del Plan Hidrológico Nacional) En 2016 iniciáronse as obras para rematar coas verteduras ao río facendo un colector paralelo que levaría as augas residuais á EDAR de Cabo Prioriño."Acuaes inicia la construcción de los dos colectores del río Inxerto", artigo en La Voz de Galicia, 20 de agosto de 2015 . As obras rematarían a finais do 2018 deixando o río xa vertidos. Estes traballos de canalización foran denunciados por ADEGA.ADEGA presenta denuncia diante polas actuacións nas obras do rio Inxerto (Ferrol) , artigo na web de ADEGA

Notas

Inxerto Categoría:Narón