O Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia (Axencia Intecmar), INTECMAR, é o centro de referencia para o control da calidade do medio mariño e a aplicación das disposicións legais en materia de control técnico-sanitario dos produtos do mar, en Galicia.

Creouse por Lei no ano 2004 baixo a figura de Ente Público adscrito á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, baixo o nome Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, de onde lle vén o nome de Intecmar polo que é coñecido, asumindo as competencias e funcións do antigo Centro de Control do Medio Mariño (CCMM), do que foi sucesor e do que tamén herdou as instalacións.

En 2021 foi nomeado como Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas MariñasSubstituíndo ó centro de control de biotoxinas mariñas da Universidade de Vigo, que pasa a desenvolver o carácter de laboratorio de referencia europeo., para asumir o papel de laboratorio asesor dos diferentes centros de control oficial autonómicos en todo o referente ás biotoxinas mariñas e formar ó seu persoan nas técnicas de laboratorio axeitadasLa Voz de Galicia, 27.11.2021..

En 2026 declarouse extinguido para ser substituído pola Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia (Axencia Intecmar), mantendo a mesma estrutura e funcións..

Notas

Véxase tamén

Biotoxina Biotoxina mariña IGAFA Toxina anmésica dos moluscos Toxina diarreica dos moluscos Toxina paralizante dos moluscos

Ligazóns externas Web do INTECMAR

Mar Categoría:Vilagarcía de Arousa sen imaxes Categoría:Vilagarcía de Arousa