250px|miniatura|Proba dun mísil Thor en 1959. PGM-17 Thor ou Thor a secas, foi a denominación dun dos primeiros mísiles balísticos estadounidenses de medio alcance propulsado con propelente líquido. Foi desenvolvido entre 1956 e 1958 por Douglas para a USAF e orixinalmente tiña un alcance similiar ao mísil Redstone e con capacidade para levar unha oxiva nuclear a 2400 km de distancia. Entre 1958 e 1960 se despregaron 60 mísiles Thor en Reino Unido durante o proxecto Emily, pero en 1962 comezaron a retirarse como parte do acordo acadado entre os Estados Unidos e a Unión Soviética para poñer fin á crise dos mísiles de Cuba. Algúns máis continuaron despregados no atol Johnson no océano Pacífico ata a década de 1970. Os sobrantes usáronse para lanzamentos de proba de vehículos suborbitais.

O mísil Thor é a orixe de lanzadores espaciais Delta, que melloraron o deseño orixinal e evolucionárono nunha familia de foguetes con amplas capacidades que dura ata a actualidade.

Características

Algúns parámetros do mísil son:

Carga útil: 1000 kg Peso cheo: 50.000 kg Impulso: 666,0 kN Diámetro: 2,44 m Lonxitude: 19,82 m Envergadura: 2,74 m Propelentes: osíxeno líquido e queroseno Alcance máximo: 2400 km CEP: 0,97 km

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta (foguete)

Categoría:Mísiles