PAZ é un proxecto do Programa Nacional de Observación da Terra por Satélite (PNOTS), creado polos Ministerio de Defensa e o entón ministerio de Industria, Comercio e Turismo de España."Aplazan por «razones técnicas» el lanzamiento del primer satélite espía español", La Voz de Galicia, 17 de febreiro de 2018 .
O programa O Ministerio de Defensa encargou á empresa Hisdesat comezar o desenvolvemento dun sistema de observación da Terra con tecnoloxía radar de apertura sintética, no ano 2007, para satisfacer os requisitos operativos das Forzas Armadas Españolas respecto ás necesidades de observación a tempo completo con moi alta resolución.
Como consecuencia do anterior, Hisdesat iniciou os traballos de desenvolvemento do programa, contratando o deseño e a fabricación do satélite a EADS CASA Espacio en decembro de 2007, o que supuxo un fito para a industria espacial española ao ser a primeira vez que se asume o reto de construír en España un satélite deste tamaño e complexidade.
Hisdesat é a propietaria, operadora e explotadora do satélite PAZ, que proporciona información valiosa para múltiples aplicacións desde a súa órbita polar ao redor da Terra.
EADS CASA Espacio, como contratista principal, lidera un gran consorcio formado por empresas do sector espacial. Ademais, está desenvolvendo a parte frontal do radar, cuxa antena é un dos elementos máis importantes e innovadores e está baseada en tecnoloxía de circuítos radiadores impresos en disposición multicapas.
Hisdesat contratou o lanzamento do satélite co lanzador ruso Dnepr, previsto inicialmente para finais do ano 2012, mais sufriu diversos atrasos (os últimos foron de orixe político tras o arrefriamento das relacións entre Rusia e a Unión Europea pola crise en Ucraína), ata que en 2016 decidiuse cancelar o lanzamento con Dnepr e buscar outros posibles lanzadores.
O INTA é o responsable do desenvolvemento do segmento terreo do programa PAZ que inclúe as Estacións de Control e Seguimento, que estarán localizadas en Torrejón de Ardoz (Madrid) e Maspalomas (Gran Canaria) (con opción a usar tamén unha estación polar) e os centros de procesado e almacenamento dos datos, situados nos lugares anteriores e na Base Aérea de Torrejón de Ardoz (CESAEROB).
O custo total do satélite é de 160 millóns de euros, incluíndo 20 millóns de euros do lanzamento por parte de SpaceX.
O satélite Cun peso total estimado duns 1400kg, PAZ mide 5 m de altura e 2,4 m de diámetro. Consta dunha plataforma ou módulo de servizo e un radar de apertura sintética como instrumento principal. Incorpora un experimento de Radio Ocultación e Precipitación Extrema, e un receptor do Sistema de Identificación Automática (AIS) como instrumentos secundarios.
Galería
Notas
Categoría:Satélites artificiais de España Categoría:2018