Carlos Masquelet Lacaci nado en Ferrol o 14 de xullo de 1871 e finado en La Jonquera (provincia de Xirona) en 1948, foi un enxeñeiro militar galego. Masón de ideoloxía republicano-liberal, foi Xeneral de División do Ministerio de Guerra durante a Segunda República Española.Carlos Masquelet Lacaci , artigo en Juan José Burgoa en Diario de Ferrol, 18 de febreiro de 2018 .

Traxectoria Foi alumno na Academia Xeral Militar de Toledo, onde ingresou en 29 de agosto de 1886, e foi membro do Corpo de Enxeñeiros do Exército. Estivo destinado en Marrocos en 1919. Xunto con Rodolfo Ucha, en 1895, foi membro da Xunta de asesoramento de obras do Hospital Xeral, presidida por Montero Subiela. Foi autor do proxecto de ampliación e modernización da Base Naval de Ferrol, nos anos 1920. Durante a ditadura de Primo de Rivera, foi nomeado profesor da Academia Militar de Enxeñeiros e posteriormente foi destinado como profesor á Escola de Maquinistas da Armada Española en Ferrol

Nomeamentos Ascendeu a Xeneral de Brigada en outubro de 1930. En 1932, Manuel Azaña nomeouno Xefe do Estado Maior Central substituíndo a Manuel Goded, quen fora cesado a causa do incidente de Carabanchel e, aos poucos, para premialo pola súa colaboración foi ascendido a xeneral de División.

Malia ser Xefe do Estado Maior Central, non desempeñou ningún papel durante o levantamento dos mineiros asturianos debido á desconfianza que un republicano sincero como Masquelet inspiraba no goberno radical-conservador. En cambio, o ministro de Guerra, Diego Hidalgo, autorizou o xeneral Francisco Franco a tomar o mando do Estado Maior Central.

Foi nomeado ministro de Guerra no goberno presidido por Alejandro Lerroux, entre el 3 de abril e o 6 de maio de 1935. O 1 de agosto de 1935 foi nomeado Capitán Xeneral das Baleares.Diario Oficial del Ministerio de la Guerra nº 176, 2 de agosto de 1935.

Coa vitoria electoral da Fronte Popular nas eleccións de 1936, no goberno de Azaña, Masquelet volveu á carteira ministerial de guerra (aínda que entre o 19 e o 24 de febreiro de 1936, a carteira foi asumida de xeito interino polo xeneral José Miaja) e a mantivo no posterior goberno de Augusto Barcia Trelles, entre o 19 de febreiro e o 13 de maio de 1936.

Guerra civil Unha vez comezada a Guerra Civil, permaneceu leal á República. En marzo de 1936, foi nomeado Xefe da Casa Militar do Presidente da República e mantívose no cargo até a fin da guerra.

Tivo unha participación relevante no deseño e planificación da fronte defensiva de Madrid, a partir de novembro de 1936, baseada nunha xeira de fortíns, distribuídos en catro aneis que rodeaban a capital, nas localidades de Aravaca, Pinto, Pozuelo de Alarcón, Dehesa de la Villa e Monte del Pardo. A formulación foi controvertida polo seu deseño e utilidade. As obras foron feitas por persoal civil voluntario, motivado e dirixido por forzas sindicais principalmente. Tentando adaptarse á topografía do terreo. Construíron trincheiras e fortificacións tipo búnker de formigón armado e cantería. Varias destas fortificacións aínda se conservan en bo estado na capital madrileña.

O 19 de xullo de 1937, Carlos Masquelet pasou á reserva coma Xeneral de División, aínda que despois da restructuración do Exército republicano no mes de decembro, foi nomeado xefe da nova Comisión de Fortificacións.

Ao rematar a Guerra Civil Española exiliouse en Francia. Anos despois regresou a España. Faleceu en La Jonquera en 1948.

Recoñecementos Gran Cruz da Real Orde de San Hermenexildo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Ministros da Segunda República Española Categoría:Militares da guerra civil española leais á República