O aeroporto internacional de Clark , anteriormente coñecido como aeroporto internacional Diosdado Macapagal, é un aeroporto que é unha porta de entrada internacional a Filipinas dentro da Zona do Porto libre de Clark, na cidade de Mabalacat, a 80 quilómetros ao noroeste de Manila. Clark serve ao centro e norte de Luzon. O seu nome deriva da antiga base estadounidense de Clarck, que foi a base de ultramar máis grande dos Estados Unidos ata o seu peche en 1991, pasando a mans do goberno filipino.

O aeroporto está operado pola Clark International Airport Corporation (CIAC), unha compañía propiedade do goberno filipino. A parte sur das súas instalacións son utilizadas pola Forza Aérea de Filipinas como a Base Aérea de Clark. En decembro de 2017 iniciouse a construción dunha nova terminal e agárdase que estea rematada no ano 2020.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Clark