Irene Lucía Álvarez Veras, nada en Ourense o 13 de decembro de 1898 e finada en maio de 1971, foi unha odontóloga galega.

Traxectoria Con 12 anos, en 1917, ingresa no Instituto provincial de Ourense e acada o título de Bacharel no ano 1922. Inicia os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, en 1923, e trasládase á Universidade Central de MadridCid Galante (2004) en 1926 para especializarse en Odontoloxía na Escuela de Odontología de Madrid. Para cursar estes estudos previamente había que realizar un curso selectivo máis dous anos de Medicina e outros dous anos do que constaba a especialidade. Era unha apaixonada da súa profesión, pero ademais tiña o título de Mestra Nacional, feito que, como ela mesma dicía "coa adquisición deste título compracín os desexos de meu pai, que é un apaixonado do Maxisterio".

Foi axudante do doutor Landete en Madrid, asistíndoo tanto na súa clínica como na casa de socorro do distrito de palacio. Puido asistir as operacións maxilofaciais que este médico realizaba no Insituto Rubio, Hospital del niño Jesús. Ademais foi alumna oficial da Escola de puericultura, asistindo ás clases do médico ortodocista Mañes.

Na acta de constitución do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatógolos da XI Rexión, do 17 de xuño de 1930, aparece como vogal da xunta directiva. Tamén foi un dous primeiros membros da Sociedad Española de Cirugía Oral y Maxilofacial.

Tiña a súa consulta en Ourense na rúa San Miguel 18, no primeiro andar, que se anunciába como "Gabinete montado con todos os adiantos modernos". As referencias profesionais que incluía nos anuncios indicaban[Programa das festas do] Corpus 1932 : Programa oficial. Ourense. Versión dixital en Galiciana, p. 16: Facía descontos especiais para obreiros, como indicaban os seus anuncios en La Zarpa

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Outros artigos

Ruth Selbmann Kummer Josefina Areses Alicia Fernández Calvete María Coro Clavero

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Odontólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes