Coto do Castro ou Castro do Salto, é un castro de cumio fortificado do concello de Cabanas.Castros de Cabanas, O Noso Patrimonio
Ten forma ovalada. Cun eixo maior de N-S duns 90 metros e 60 m no eixo L-O, con dobres defensas completas duns 5 metros de alto. O antecastro sitúase ao NL duns 60 metros de ancho e un 30 m de longo onde se sitúa o acceso ao castro. O castro ten vistas á ría de Ares.
Etimoloxía Na documentación do Tombo de Caaveiro rexístrase como Castrum Carivio/Carivi/Carive. Este segundo substantivo, de probable orixe britónica (*kar 'forte' + hivin 'teixo'), foi elidido na Idade Media en favor do xenérico latino. Así, a denominación popular actual é O Castro ou Coto do Castro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Pico do Castro