Madeleine Delbrêl, nada o 24 de outubro de 1904 en Mussidan (Dordoña) e finada o 13 de outubro de 1964, foi unha mística cristiá, asistente social, e escritora.

Traxectoria Naceu nunha familia irrelixiosa. Aos doce anos coñeceu a algúns sacerdotes que lle achegaron á fe, mais aos quince anos contactou con intelectuais que a afastaron novamente dela, até a súa conversión definitiva aos vinte anos. Foi unha asistente social moi activa, e traballou nos barrios obreiros da periferia de Ivry-sur-Seine, onde tivo confrontacións coas correntes ateas marxistas, anunciando o Evanxeo. Escribiu ensaio e poesía, cunha forte pegada mística. Veneración En 1993 comezou a súa causa de canonización na diocese de Créteil, e a fase diocesana do proceso rematou ao ano seguinte, en outubro de 1994. O 26 de xaneiro de 2018 o papa Francisco proclamouna venerable. Véxase tamén Ligazóns externas Association des Amis de Madeleine Delbrêl

Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados no departamento de Dordoña Categoría:Finados en 1964 Categoría:Personalidades do catolicismo de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Venerados pola Igrexa católica