O castro de Pereirales ou castro de Belén, é un castro de chaira fortificado situado en Rodeiro, Oza Cesuras.
Características Tiña forma ovalada. Duns 150 metros de leste a oeste e uns 300 metros de norte a sur. A zona está protexida e rexistrada por patrimonio. O castro está dividido por peches de leiras con plantacións de eucaliptos, prados e un pendello para a cría de gando. A parte ocupada por eucaliptos foi achairada para facer a plantación. Nos prados vese unha elevación do terreo onde deberían estar as defensas do castro. Só quedan uns 20 metros de muralla.
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Pereirales