A lingua de sinais ou lingua de signos é un sistema de comunicación utilizado sobre todo entre as persoas con xordeira e problemas auditivos.

É un tipo de linguaxe que utiliza xestos e signos naturais para a expresión de ideas e sentimentos. O máis estudado e utilizado é o ASL ou AMESLAN (American Sign Language). Esta linguaxe está constituída por un código de sinais que se efectúan de acordo con tres parámetros: configuración da man, movemento desta e lugar onde se realiza o signo.

As frases prodúcense nun espazo determinado: verticalmente, dende a cintura ata a parte alta da cabeza e, en sentido horizontal, esténdese algúns centímetros a cada lado do corpo.

Ao final da frase indícase cunha pausa e as mans en posición de repouso (cerca da parte baixa onde se producen os sinais).

A interrogación indícase ó final da frase, mantendo as mans en posición final e dirixíndoas cara ó destinatario, antes de volver á súa posición de repouso; pola súa vez, o rostro adopta unha actitude interrogante.

A expresión facial non é exclusiva das informacións interrogativas, senón que esta, xunto co movemento e a expresión do corpo, son de suma importancia para comprender a frase, de tal xeito que a combinación da cabeza e a expresión facial poden indicar unha relación gramatical de subordinación e unha oración de relativo.

A adquisición temperá desta linguaxe é positiva para o desenvolvemento cognitivo e lingüístico dos nenos xordos profundos, pero sobre todo se é acompañada da falada, é dicir, se se leva a cabo unha educación e comunicación bimodal.

Linguas de sinais na Península ibérica esquerda|miniatura|250x250px|Linguas de sinais na Península. Considérase que existen entre tres e catro linguas diferentes na Península Ibérica (sen contar Xibraltar).

A lingua de sinais portuguesa (LSP), en verde, pertence a unha familia distinta, a Lingua de Sinais Española (LSE) en amarelo, a Lingua de Sinais Catalá (LSC) en vermello e a Lingua de Sinais da Comunidade Valenciana (LSCV) en alaranxado pertencen á mesma familia en orixe, pero diverxen até un 70% nos substantivos. As variantes galega e éuscara diverxen entre un 10% e un 30% da LSE.

Notas

Véxase tamén Artigos na Galipedia relativos a linguas de sinais no mundo linguas de sinais aborixes de Australia lingua de sinais americana lingua de sinais catalá lingua de sinais colombiana lingua de sinais española lingua de sinais francesa lingua de sinais italiana lingua de sinais warlpiri

Outros artigos

Comunidade xorda Día Internacional da Lingua de Sinais

Categoría:Atención educativa das discapacidades sensoriais