A Medalla Timoshenko é un recoñecemento que se lles concede aos investigadores que destaquen polas súas salientables contribucións á mecánica aplicada, instituído en 1957 pola Sociedade Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME)."Hughes Awarded Timoshenko Medal ". En Notices of the AMS. Volume 55. Nº 6. Xuño-xullo de 2008. Páxina 718 (en inglés)
Trátase dun dos premios de máis sona internacional na área da mecánica técnica e foi establecido en memoria de Stephen Timoshenko, enxeñeiro ucraíno-norteamericano considerado como o pai da enxeñaría mecánica moderna. O premio consiste nunha medalla de bronce, un certificado e dous mil cincocentos dólares en metálico. O investigador agraciado pronuncia o seu discurso no ano correspondente á recepción da medalla na reunión anual da ASME.Discursos dos premiados coa Medalla Timoshenko (en inglés)
Precedemento O comité da Medalla Timoshenko está composto por quice persoas: os cinco últimos agraciados co recoñecemento, os cinco membros do comité executivo da ASME e os cinco membros anteriores do devandito comité. Tras o nomeamento dos candidatos, o comité delibera acerca de quen será finalmente o agraciado e este pasa a ser recoñecido pola ASME.
Agraciados Esta é a listaxe completa dos científicos aos que se lles concedeu a Medalla Timoshenko:"Timoshenkop Medalists". No sitio web oficial da Asociación Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME) (en inglés) 1957: Stephen Timoshenko 1958: Arpad Nadai, Geoffrey Ingram Taylor e Theodore von Kármán 1959: Richard V. Southwell 1960: Cornelius Biezeno e Richard Grammel 1961: James Norman Goodier 1962: Maurice Anthony Biot 1963: Michael James Lighthill 1964: Raymond Mindlin 1965: Sydney Goldstein 1966: William Prager 1967: Hillel Poritsky 1968: Warner Koiter 1969: Jakob Ackeret 1970: James Johnston Stoker 1971: Howard Wilson Emmons 1972: Den Hartog 1973: Eric Reissner 1974: Albert E. Green 1975: Chia-Chiao Lin 1976: Erastus Henry Lee 1977: John Eshelby 1978: George Carrier 1979: Jerald Ericksen 1980: Paul Naghdi 1981: John Argyris 1982: John Wilder Miles 1983: Daniel Drucker 1984: Joseph Keller 1985: Eli Sternberg 1986: George Irwin 1987: Ronald Rivlin 1988: George Batchelor 1989: Bernard Budiansky 1990: Stephen Harry Crandall 1991: Yuan-Cheng Fung 1992: Jan Achenbach 1993: John Lumley 1994: James Robert Rice 1995: Daniel Joseph 1996: John Tinsley Oden 1997: John Raymond Willis 1998: Olgierd Zienkiewicz 1999: Anatol Roshko 2000: Rodney James Clifton 2001: Ted Belytschko 2002: John W. Hutchinson 2003: Lambert Freund 2004: Morton Gurtin 2005: Grigory Barenblatt 2006: Kenneth Langstreth Johnson 2007: Thomas J.R. Hughes 2008: Sia Nemat-Nasser 2009: Zdeněk Bažant 2010: Wolfgang Knauss 2011: Alan Needleman 2012: Subra Suresh 2013: Richard Monson Christensen 2014: Robert McMeeking"UCSB Professor Receives ASME’s Highest Applied Mechanics Honor". En The UC Santa Barbara Current (en inglés) 2015: Michael Ortiz"Professor Ortiz Receives the Timoshenko Medal ". En Caltech.edu (en inglés) 2016: Raymond Ogden"Professor Raymond Ogden receives the Timoshenko Medal". En SoftMech.org (en inglés) 2017: Viggo Tvergaard"2017 Stephen P. Timoshenko Medal - Professor Viggo Tvergaard ". En iMechanica.org (en inglés)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Enxeñaría mecánica Enxeñaría física
Ligazóns externas Sitio web oficial da Sociedade Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME)
Categoría:Medallas Categoría:Premios científicos Categoría:Enxeñaría