Penelope Vincenzi, nada en Bournemouth co nome de Penelope Hannaford o 10 de abril de 1939 e finada o 25 de febreiro de 2018, foi unha escritora inglesa.
Traxectoria Foi a filla única de Stanley George Hannaford (finado en 1985) e Mary Blanche Hannaford, nada Hawkey (finada 1987) de New Milton, Hampshire. De nena a familia mudouse a Devon, e foi educada no Notting Hill and Ealing High School.
En 1962 comezou a traballar no Daily Mirror como secretaria, e logo dun ano traballou para Marjorie Proops, que sabedora das súas ambicións xornalísticas, lle permitiu axudala con pequenas investigacións e encomendas. Como xornalista de moda traballou para publicacións como o Daily Mirror e Vogue.
Vida persoal Con 19 anos coñeceu Paul Robert Vincenzi, empresario publicitario, fillo do doutor Julius Vincenzi, de Earls Colne, Essex. Casaron o 27 de maio de 1960, e tiveron catro fillas. O seu home finou por mor dun tumor cerebral en 2009.
Obra Old Sins (1989) Wicked Pleasures (1992) An Outrageous Affair (1993) Another Woman (1994) Forbidden Places (1995) The Dilemma (1996) Windfall (1997) Almost a Crime (1999) No Angel (2000) Something Dangerous (2001) Into Temptation (2002) Sheer Abandon (2005) An Absolute Scandal (2007) The Best of Times (2009) The Decision (2011) A Perfect Heritage (2014) A Question of Trust (2017)
Notass
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes