A árbore dos zocos (en ) é un filme italiano de 1978 escrito e dirixido por Ermanno Olmi. Conta a historia dun grupo de labregos da rexión da Lombardía nunha cascina a finais do século XIX. Ten semellanzas co neorrealismo italiano, xa que se centra na vida dos pobres e algunhas partes foron interpretadas por granxeiros reais e non por actores profesionais.
Gañou catorce premios, incluída a Palma de Ouro no Festival de Cannes e o César ao mellor filme estranxeiro. O filme está falado en bergamasco, dialecto do lombardo oriental.
Estreouse en galego o 28 de agosto de 1989 a través da TVG.
En 1995 estreouse a parodia pornográfica L'albero delle zoccole, dirixida por Leo Salemi, o que enfureceu a Ermanno Olmi.
Sinopse Catro familias campesiñas traballan en granxas para o mesmo dono nunha existencia miserable en 1898 nos arredores de Bérgamo. Ao longo dun ano nacen nenos, plántanse colleitas, mátanse animais, casan parellas e intercámbiase historias e pregarias. Un fondo revolucionario é visto polos campesiños, mais é ignorado, cando un axitador comunista dá un discurso na feira local e cando unha parella acabada de casar visita a cidade de Milán e é testemuña do arresto de prisioneiros políticos. Cando chega a primavera, o pai dunha das familias corta unha árbore para facer zocos para que o seu fillo poida camiñar á escola, pero o propietario descóbreo e a familia é obrigada a marchar da terra.
Personaxes Luigi Ornaghi como Batistì Francesca Moriggi como Batistina Omar Brignoli como Minec Antonio Ferrari como Tuni Teresa Brescianini como Widow Runk Giuseppe Brignoli como Anselmo Carlo Rota como Peppino Pasqualina Brolis como Teresina Massimo Fratus como Pierino Francesca Villa como Annetta Maria Grazia Caroli como Bettina Battista Trevaini como Il Finard Giuseppina Langalelli como La Moglie Finarda Lorenzo Pedroni como Il nonno Finard Felice Cervi como Uslì
Notas
Véxase tamén
Categoría:Filmes de 1978 Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Ermanno Olmi Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes ambientados en 1898 Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes de 1978 con versión en galego