miniatura|A sala do Palais Garnier, París.
A Ópera de París (en ) é a principal compañía de ópera da cidade de París. Foi fundada en 1669 por Lois XIV de Francia como Académie d'Opéra, e pouco despois foi posta baixo o liderado de Jean-Baptiste Lully e oficialmente renomeada como Académie Royale de Musique, mais continuou a ser coñecida sinxelamente como a Ópera. O ballet clásico tal e como o coñecemos no presente xurdiu na Ópera de París como Ballet de l'Opéra National de Paris e mantívose como unha parte integral e moi importante da compañía. No presente é chamada Opéra National de Paris, e produce principalmente óperas na moderna Ópera da Bastilla que abriu en 1989, e ballets algunhas óperas clásicas no Palais Garnier que abriu en 1875. Obras de pequena escala e contemporáneas son representadas na Ópera da Bastilla. Véxase tamén
Bibliografía Astier, Régine (1998a). "Académie Royale de Danse" in Cohen 1998, vol. 1, pp. 3–5. Astier, Régine (1998b). "Beauchamps, Pierre" in Cohen 1998, vol. 1, pp. 396–397. Charlton, David, editor (2003). The Cambridge Companion to Grand Opera. Cambridge, UK: Cambridge University Press. . Christout, Marie-Françoise (1998). "Paris Opera Ballet" in Cohen 1998, vol. 5, pp. 86–100. Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:París Categoría:Ópera