Margarita "Marga" Pazos Barcala, nada na Coruña é unha xornalista e presentadora de televisión galega. Nos Premios Mestre Mateo 2014 recibiu o galardón á mellor comunicadora de televisión.

Traxectoria

Malia nacer na cidade da Coruña, criouse na Estrada dende nena. Foi a presentadora da cerimonia dos Premios Mestre Mateo 2015 xunto con Xosé Antonio Touriñán.

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado 2003Mellor comunicadora de televisiónTelexornal – InformativosNomeada 2014Mellor comunicadora de televisiónTelexornal MediodíaGañadora

Televisión Presentadora e redactora de informativos na CRTVG. Hai debate (2006-2009)

Represalias da CRTVG Marga Pazos foi relegada a un posto de locutora logo de gañar unha sentenza contra a TVG, declarar no xuízo que condenou a Corporación por vulnerar o dereito á folga no 8-M e dar a cara -con lectura de manifesto incluído- nas mobilizacións dos seus compañeiros.

Segundo o colectivo Defende a Galega e o comité de empresa, a TVG prohibiulle a Pazos desempeñar as funcións de redactora tras 20 anos como reacción a unha sentenza que lle recoñecera a equiparación salarial como redactora. O comité acusou á dirección da CRTVG de aplicar unha severa represalia sen precedentes contra ela, limitando as súas funcións a pesar da sentenza xudicial que recoñecía o seu dereito a un complemento salarial.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Venres negros (CRTVG)

Ligazóns externas

Non todas somos Marga Pazos – Luzes EL NICHO 2x07 - (youtube.com; entrevista en castelán e galego)

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Presentadores da TVG