Amelia Lamarque, nada como Amelia Quintela Bouza en Galicia e finada en Bos Aires (Arxentina), foi unha prestixiosa actriz nacional e cantante de tango e boleros arxentina. Irmá de Libertad Lamarque.

Traxectoria Amelia naceu froito do matrimonio entre Josefa Bouza Nieto (nada o 12 de xuño de 1864 na Coruña) e Pedro Quintela (nado en 1860). Ó morrer o seu pai moi novo, a súa nai emigrou xunto ós seus cinco irmáns a Arxentina onde coñeceu a Gaudencio Lamarque, polo que adoptou o apelido deste último de maneira artística. Tivo nove irmáns en total: Eduviges, Gonzalo, Elena, Josefa "Pepita", Pedro, Aurora, Libertad —falecida ós catro anos de idade— e Lirio, —tamén falecido ós poucos anos de nado, e Libertad Lamarque.

Foi unha actriz moi destacada da época dourada cinematográfica. Na súa longa carreira tanto en cine como no teatro, compartiu escena con Raimundo Pastore, Angelina Pagano, Ángel Magaña, Agustín Irusta, Ilda Pavone, Margarita Padín, Hugo del Carril, Eva Franco, Niní Marshall, Mecha Ortiz, Amanda Ledesma, Julio Traversa, Malisa Zini e Miguel Gómez Bao.Roberto Blanco Pazos, Raúl Clemente: De la Fuga a la Fuga: Diccionario de Films Policiales pág.18, 48 y 484. Editorial Corregidor Buenos Aires 2004

Filmografía 1938: Madreselva 1938: La que no perdonó 1939: Caminito de gloria 1939: La vida de Carlos Gardel 1939: Puerta cerrada 1940: Fragata Sarmiento 1943: Eclipse de sol 1949: Una noche en el Tabarín 1951: La orquídea

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Galicia Categoría:Actores da Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en ano descoñecido