María Olga Novo Presa, nada en Vilarmao (A Pobra do Brollón) o 29 de xaneiro de 1975, é unha profesora, poeta e ensaísta galega, máis coñecida como Olga Novo. Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de bacharelato en varios institutos de Galicia, e tamén de galego na Universidade da Alta Bretaña en Rennes, e de literatura na Universidade Bretaña Sur, en Lorient.
Como poeta, deuse a coñecer con tres poemarios: A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997) e A cousa vermella (2004). Tamén publicou un libro de arte compartido coa pintora Alexandra Domínguez e o poeta Xoán Abeleira, titulado Magnalia, e numerosos poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas (Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Xistral), colaborou en Cadenos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura, Ínsula, e xornais (El País, ABC). A súa obra foi recollida en escolmas como La flama en el espejo (México, 1998), Mulher a fazer vento (Lisboa, 1998), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (Madrid, 2001), o Spain (Poetry from the Castilian, Catala, Basque and Galician languages) (Atlanta, 2003).
Como estudosa da literatura, publicou os ensaios Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (Positivas, 1996), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999), Uxío Novoneyra. Lingua loaira (Fundación Caixa Galicia, 2005), Erótica Medieval Galaica: leda m'and'eu (Toxosoutos, 2013) e No principio foi o pracer (2017, Unión Libre).
Formou parte dos comités de redacción das revistas Ólisbos, Animal e Valdeleite, e segue a facelo de Unión Libre desde a súa fundación.
Participou con estudos en congresos e revistas, onde analizou sobre todo as propostas conectadas co surrealismo, pois escribiu sobre o escritor André Breton, o cantautor Léo Ferré e o pintor Eugenio Granell, e coa temática erótica, como reflicte o seu ensaio Tratado da pel, publicado no monográfico Erotismos de Unión Libre (1999), por ela mesma coordinado. Ademais, interesouse por poetas en lingua portuguesa, como Fernando Pessoa e o surrealista brasileiro Sérgio Lima.
Desde 2010, a Casa da Cultura da Pobra do Brollón leva o seu nome.<ref>"Olga Novo afirma que leva con orgullo o seu pobo "guímaro" alá onde vai" El Progreso, 31/8/2010.</ref>
En 2019 publica Feliz idade, no que "tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla".
É profesora de Lingua Galega e Literatura no IES A Pinguela de Monforte de Lemos.
Obra en galego Poesía A teta sobre o sol (1996, Edicións do Dragón, 1999, Letras de Cal). 34 páxs. ISBN 8492262087. En Xerais: 2024, ISBN 978-84-1110-516-3. Nós nus (1997). Xerais. 90 páxs. ISBN 8483021269. Ed. de 2021, 80 páxs. ISBN 978-84-9121-912-5. ePub: ISBN 978-84-9121-925-5. A cousa vermella (2004). Espiral Maior. 134 páxs. ISBN 8495625903. Cráter (2011). Toxosoutos. 193 páxs. ISBN 9788415400042. En 2022, Faktoría K de libros, ISBN 978-84-16721-99-3, 216 páxs. miniatura|Nunha palestra en Chantada sobre Memoria histórica, con Helena FernándezFeliz Idade (2019). Ilustracións de Din Matamoro. Faktoría K de libros. 152 páxs. ISBN 978-84-16721-24-5.
Ensaio Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996). Positivas. 185 páxs. ISBN 8487783392. O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999, 4-Cromía, e ampliado 2008). Follas Novas. 143 páxs. ISBN 9788485385461. Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005), Fundación Caixa Galicia. 205 páxs. ISBN 8496494179. Erótica Medieval Galaica: leda m'and'eu (2013). Toxosoutos. 164 páxs. ISBN 9788415400912. No principio foi o pracer (2017), Unión Libre.
Edicións Unha tempada no paraíso de Claudio Rodríguez Fer (2010, Toxosoutos). Repil. 20 de abril de 1948 (2015). Edición de Xurxo Ayán e Olga Novo. Ed. Positivas. 340 páxs. ISBN 978-84-128055-7-4. Limiar de Alfredo González Ruibal.
Obras colectivas dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (1999, Letras de Cal). Magnalia (2000, Espiral Maior). Con Xoán Abeleira. Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega). Das sonorosas cordas (2005, Eneida Madrid). Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (2006, Xerais). Monocromos (2006, Luis Burgos Arte del Siglo XX, Madrid). Con colaxes de Concetto Pozatti. Edición bilingüe galego-castelá. Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia). Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora). Do amor e da literatura (2007, Linteo, Ourense). Con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais). Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega). En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos). Erato bajo la piel del deseo (2010, Sial Ediciones). Poemas para Carmen Blanco (2010, Libros da Cebra). Poetas con Valente (2010, Universidade de Santiago de Compostela). Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011, A Nave das Ideas).
Premios Premio Losada Diéguez de creación Literaria no 1998, polo poemario Nós nus. Premio Literario Ánxel Fole no 2004, por Uxío Novoneyra. Lingua loaira, que incluía textos inéditos do poeta. O Patronato da Cultura Galega de Montevideo dedicoulle o Día da Poesía Galega 2004. Premio da Crítica española do 2011 por Cráter. Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal no 2012, por Leda m' and' eu. Poética erótica medieval galaica: á procura da nosa intrahistoria. Premio da Crítica de poesía galega do 2019 por Feliz idade. Premio Nacional de Poesía 2020 do Ministerio de Cultura por Feliz idade. 2025: III Premio das Letras Galegas Vivas outorgado pola Biblioteca Sabela Labraña.
Obra en castelán Traducións El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista, de Carmen Blanco (1997, Nigra). Vidas imaginarias'', de Marcel Schwob.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Olga Novo. Recital poético en Zaragoza. 2018. Vídeo Enciclopedia Historia Literatura Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Pobra do Brollón Categoría:Nados en 1975 Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Poetas en lingua galega
Categoría:Premio Nacional de Poesía de España Categoría:Profesores de educación secundaria