Christian Roger Xavier Marie Joseph Ghislain Goethals, nado en Heule o 4 de agosto de 1928 e finado en Kortrijk o 26 de febreiro de 2003, foi un piloto de carreiras belga.
Traxectoria Goethals competiu como afeccionado nas carreiras de automóbiles deportivos, pilotando un Porsche Spyder durante a década de 1950. Os seus mellores resultados foron un segundo lugar co seu irmán no evento da clase de 1500cc de 1956 en Reims e a vitoria na mesma clase ao ano seguinte en Forez. Goethals adquiriu un Cooper - Climax e participou na clase de Fórmula 2 do Gran Premio de Alemaña de 1958, pero retirouse da carreira. Non participou noutro Gran Premio de Fórmula Un, e regresou aos coches deportivos, con notables resultados en 1960, quinto nos 1000 km de Bos Aires e segundo no GP de Spa. Retirouse das carreiras máis tarde durante a tempada.
Fundou un equipo de carreiras chamado Écurie Éperon d'Or para participar no Gran Premio de Alemaña de 1958 onde correu cun Cooper T43.
Goethals era o fillo máis novo de René Goethals (1876-1928), un nobre e maior de Heule, preto de Courtrai, e de Jeanne Mols (1884-1968). Estaba casado con Julie Opsomer.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Ecurie Eperon d'Or Cooper T43 Coventry Climax ARX MON NED 500 BEL FRA GBR ALERet POR ITA MAR NC 0
Notas
Véxase tamén
Bibliografía SMALL, Steve (1999): Grand Prix Who is Who, Travel Publishing, Londres 1999, .
DE MARNIX DE SAINTE ALDEGONDE, Humbert (2007): État présent de la noblesse belge. Annuaire Bruxelas
Ligazóns externas Short biography in Grand Prix Insider
Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados na provincia de Flandres Occidental Categoría:Finados en 2003 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Bélxica Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Cooper