Olga Valentinovna Korbut, nada en Hrodna o 16 de maio de 1955 é unha ex-ximnasta belarusa. Foi seleccionada aos 11 anos na escola deportiva do goberno. Alcumada o "pardal de Minsk", gañou catro medallas de ouro e dúas de prata nos Xogos Olímpicos, nos que competiu en 1972 e 1976, para o equipo da Unión Soviética,Olga Korbut . Sports Reference e foi a primeira seleccionada para o International Gymnastics Hall of Fame en 1988.

A pesar de que se retirase da ximnasia en 1977 con vinte e dous anos, considerada aínda nova para a ximnasia, a influencia de Korbut foi ampla. Os seus exercicios nos Xogos de 1972 están considerados como redefinitorios da ximnasia, cambiando o deporte para dar máis énfase á acrobacia e á técnica en vez de ao ballet e a elegancia, ademais de converter a ximnasia nun dos deportes máis populares do mundo.

Innovacións A nivel técnico os dous elementos máis importantes que introduciu Korbut na ximnasia artística son o "salto Korbut" (salto mortal atrás sobre a barra de equilibrios) e o "flip Korbut" (solta nas barras asimétricas en que a ximnasta se dá a volta no aire antes de volver a agarrarse á barra). O salto Korbut foi vetado debido á súa perigosidade.

A nivel popular Korbut sempre soubo atraer a atención do público e aínda que o seu palmarés non pode compararse co de Ludmilla Tourischeva, foi un ídolo de masas e contribuíu a unha difusión inédita da ximnasia. Korbut inaugurou unha nova xeración de ximnastas delgadas e con pouca estatura (medía 1,49 metros e pesaba 38 quilos), mais con gran potencia muscular e movementos explosivos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial Olga Korbut- Biography.com OLGA KORBUT BECAME THE STAR OF THE 1972 MUNICH GAMES WITH A SERIES OF DRAMATIC PERFORMANCES. Incredible Performance From Olga Korbut 'Darling Of Munich' - Munich 1972 Olympics – The Olympic Channel Gymnast Olga Korbut charms the World - Faster, Higher, Stronger - BBC Two - BBC

Categoría:Ximnastas de Belarús Categoría:Nados na rexión de Hrodna Categoría:Nados en 1955 Categoría:Medallistas olímpicos en ximnasia Categoría:Ximnastas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética