Air Arabia Maroc (árabe: العربية للطيران المغرب‎) é unha aeroliña de baixo custo marroquí, creada como unha empresa conxunta entre varios investidores marroquís e Air Arabia. A súa sede atópase na terminal de chegadas do aeroporto de Casablanca-Mohammed V, na provincia marroquí de Nouaceur.

Historia Air Arabia Maroc fundouse como unha sociedade entre Air Arabia, Regional Air Lines e Ithmaar Bank. A aeroliña lanzouse oficialmente o 29 de abril de 2009 e comezou as súas operacións o 6 de maio do mesmo ano, cun voo entre Casablanca e Londres-Stansted. Baseada en Casablanca, os seus primeiros destinos foron Bruxelas, Londres, Marsella, Milán e París.

Frota thumb|Airbus A320-200 de Air Arabia Maroc En outubro de 2017 a frota de Air Arabia Maroc estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Air Arabia MarocAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasAirbus A320-2008—162168Total8—

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Marrocos