Ángeles Iglesias Bello, nada en Vigo en 1956, é unha xornalista galega, coñecida profesionalmente como Magis Iglesias.

Traxectoria Licenciouse en Ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar en La Voz de Galicia e Faro de Vigo, do que creou a delegación da Coruña. Formou parte do primeiro equipo de redactores que en 1985 puxo en marcha a Televisión de Galicia, onde fixo tarefas de reporteira, xefa de sección e coordinadora electoral.

Foi redactora xefa de Política na axencia de noticias Colpisa, vinculada a Vocento, onde se ocupa da información parlamentaria. Desde 1988 cubriu os acontecementos referidos ao Partido Popular e os seus líderes. Ademais, colaborou como contertulia nos programas Hoy por hoy da Cadena SER e Los desayunos de TVE.

En 2004 publicou o libro La Sucesión (Editorial Temas de hoy), no que relata o desenvolvemento dos acontecementos que levaron ao presidente José María Aznar a designar Mariano Rajoy como o seu sucesor.

O 20 de setembro de 2008 foi elixida presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España,, a primeira muller que accedeu ao cargo, e ocupou o posto até 2010.

Desde 2012 é Directora de Comunicación da Entidade Pública Marca España.

Obras La Sucesión (2004)

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1956