Sofía Oriana Infante Souto, nada en Santiago de Compostela en 1989, é unha compositora transmoderna galega, especializada na música para o cine.

Traxectoria Sofía Oriana Infante, comezou os seus estudos musicais aos oito anos no Conservatorio de Música de Xan Viaño, en Ferrol, onde escolleu a percusión como instrumento principal. No ano 2009 rematou o grao medio mais decide continuar estudos e marcha a Oviedo. Alí estudou Composición no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner, onde se especializou na composición xeral e audiovisual. Asemade, iniciou os estudos de Maxisterio Musical na Universidade de Oviedo, e rematou as dúas titulacións no ano 2013. Proseguiu a súa formación cun máster de educación, tamén na Universidade de Oviedo en 2014.

En 2015 trasladouse a Londres. Na capital británica cursou un mestrado en composición para o cinema e a televisión na Universidade Kingston de Londres, cunha distinción no seu proxecto final sobre a serie documental 14 actors acting, do New York Times ese mesmo ano.

Na súa formación aprendeu de expertos coma Edson Zampronha, Jorge Carrillo, Fernando Blanco, Miguel Fernández e Fernando Agüeria. Tamén tivo a oportunidade de aprender de referentes coma Krzysztof Penderecki e Nico Muhly.

A súa obra é moi diversa e variada, e vai desde o mundo audiovisual ata ó académico-contemporáneo. Precisamente a composición en variedade de disciplinas e o interese pola representación dunha realidade transmoderna son as súas liñas definidoras principais.

Obras

Composicións RebuilginMi (2020) In Memoriam (2019) Octofonía (2019) Os Cervos (2018) Sou a Impostora (2018) Translúcida memoria (2018) Backwards Tape (2017) Relative Time (2017) Only Lights Inside (2016) Panta Rhei (2015) Se la están cepillando todos los días (2013) Cuarteto de corda nº 1 (2010) Telestai (2009) O cazador de libros (2008)

Bandas sonoras Asco (2013) de Fernando G. Pliego. Foto de Familia (2014) de Fernando G. Pliego. Mars (2015) Backwoods (2016) de Liam Bellamy. La Pelota (2017) de Fernando G. Pliego. Operation Freedom (2018) de Kevin Ghee. Elisa e Marcela (2019) de Isabel Coixet. Carne (2019) de Camila Kater Souvenir (2019) de Cristina Vilches e Paloma Canonica. Antes de Nós (2025) de Ángeles Huerta.

Artigos "Tim Burton y la didáctica musivisual", en Publicaciones didácticas (2017).

Premios XII Premis Gaudí (2020): Nomeamento á mellor música orixinal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo