Margarida Àlvarez i Àlvarez, nada na provincia de Lugo en 1948, é unha profesora e política catalá de orixe galega.

Traxectoria Estabelecida en Cataluña, traballou como profesora de matemáticas na educación secundaria, e dende 1983 como funcionaria en Servizos de Inspección da Consellería de Educación da Generalitat. En 1995 ensinou castelán e catalán para inmigrantes. De 1997 a 1999 coordinou a integración educativa de nenos de familias de inmigrantes ou con risco de marxinación social e cultural. Entre 1996 e 1999 foi a representante do Departamento de Educación da Generalitat de Catalunya no Programa para a Prevención e o Coidado da SIDA.Margarita Álvarez, de UDC, será la nueva presidenta del Instituto Catalán de la Mujer con la oposición del PSC, 2 de gener del 2000

A finais de 1999 foi nomeada presidenta do Instituto catalán da Muller, malia a oposición do PSC, que alegaba a súa militancia na UDC, un partido que non salientou nunca polas súas accións en defensa dos dereitos da muller. En 2001, pediu á empresa Renault a retirada dun anuncio considerado sexista.Fa 10 anys l'Institut Català de la Dona demanava retirar un anunci en considerar que era sexista a La Xarxa, 6 de juny de 2001

Cando en decembro de 2002 anunciou a súa substitución no cargo por Joana Ortega i Alemany, culpou publicamente da súa dimisión a Josep Antoni Duran i Lleida, aínda que manifestou que continuaría militando en Unió Democràtica de Catalunya.La presidenta del Instituto de la Mujer acusa a Duran Lleida de forzar su cese, El País, 17 de desembre de 2002

Notas

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados na provincia de Lugo Categoría:Políticos de UDC Categoría:Profesores Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes