Vanguard 1 foi o segundo satélite artificial posto en órbita polos Estados Unidos. Foi lanzado nun foguete Vanguard desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 17 de marzo de 1958.

Características A misión principal de Vanguard 1 foi comprobar as capacidades do foguete Vanguard e unha vez en órbita medir os efectos da contorna espacial no satélite e os seus sistemas. A medición da súa órbita serviu tamén para refinar os modelos xeodésicos da Terra. A alimentación eléctrica do satélite proviña dunha batería que se esgotou en xuño de 1958 e de seis células solares distribuídas polo exterior que proporcionaban ata 1 vatio de potencia. Tiña forma de esfera de 1,46 kg e 16,5 cm de diámetro, dentro da cal un cilindro albergaba a instrumentación, que consistía nun transmisor a 108 MHz, unha baliza de radio. Do corpo do satélite sobresaían seis antenas de 30 cm de longo que á parte de ser usadas para transmitir serviron para estimar a cantidade de electróns entre o satélite e a estacións receptoras. No interior tamén levaba dous termistores para medir a temperatura interna e comprobar a efectividade do illamento térmico.

Estímase que dada a súa órbita, Vanguard 1 permanecerá no espazo varios séculos ata a súa reentrada na atmosfera terrestre.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Vanguard Vanguard 2 Vanguard 3

Categoría:Satélites artificiais