Beijing Capital Airlines (chinés: 首都航空; pinyin: Shǒudū Hángkōng), é unha aeroliña chinesa comercializada baixo o nome de Capital Airlines que opera como subsidiaria de Hainan Airlines.

Historia A compañía creouse en 1995 como Deer Jet Airlines (chinés: 金鹿航空; pinyin: Jīnlù Hángkōng). No ano 1998 comezou a ofrecer servizos internacionais baixo a marca the Deer Air. En outubro de 2007 recibiu o seu primeiro Airbus A319 e comezou a desfacese os Boeing 737 cos que operara ata a data. Deer Jet comezou a proporcionar servizos chárter en decembro de 2008 usando unha frota de A319 e reactores corporativos. A Administración de Aviación Civil Chinesa autorizou á aeroliña a operar servizos regulares en 2009.

O 2 de abril de 2010 Beijing Capital Airlines CO., LTD. lanzou o seu primeiro servizo, baseado no aeroporto internacional de Pequín-Capital. Deer Jet Airlines dividiuse en dúas compañías o 4 de maio dese ano. Mentres que as operacións chárter mantivéronse coa marca Deer Jet, as operacións regulares usando avións Airbus pasaron a chamarse Capital Airlines.

Frota miniatura|Un Boeing 737-300 de Deer Air no aeroporto de Cantón-Baiyun En marzo de 2018 a frota de Beijing Capital Airlines estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Beijing Capital AirlinesAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalAirbus A319-10020——138138Airbus A320-20033—8 144152Airbus A320neo—7— ——Airbus A321-20014120196216Airbus A330-2006136186222Airbus A330-3002218288306Airbus A350-900—233301334Serán entregados a comezos de 2018.Orixinalmente pedidos por Azul Linhas Aéreas Brasileiras.Total7513

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas da China