Arroz amargo (en ) é un filme italiano de 1949 escrito e dirixido por Giuseppe De Santis. Producido por Dino De Laurentiis, está protagonizado por Silvana Mangano, Raf Vallone, Doris Dowling e Vittorio Gassman. Arroz amargo foi un éxito comercial en Europa e os Estados Unidos e está considerada unha obra do neorrealismo italiano. Malia que non gañou ningún galardón, foi nomeado Oscar ó mellor argumento na 23ª edición dos premios, e entrou na competición do Festival Internacional de Cinema de Cannes.
Estreouse en galego o 19 de xuño de 1989 a través da TVG.
Sinopse O filme comeza coa tempada de plantación de arroz no norte de Italia. Nun intento de escapar da lei, dous rateiros, Francesca (Doris Dowling) e Walter (Vittorio Gassman), agóchanse entre a multitude de mulleres traballadores que se dirixen aos campos de arroz no val do Po. Mentres intentan montar no tren, a parella achégase a Silvana (Silvana Mangano), traballadora campesiña- Francesca monta no tren con Silvana, que lle amosa a súa forma de vida. Francesca non ten permiso de traballo, e loita coas "ilegais" para atopar un lugar nos campos. Tras unha resistencia inicial das traballadoras legais e dos xefes, permíteselles traballar. No campo, Silvana e Francesca coñecen un soldado a piques de licenciarse, Marco (Raf Vallone), que intenta sen éxito atraer o interese de Silvana.
Contra o final da tempada, Walter chega aos campos, intentando roubar unha gran cantidade de arroz. Excitada polo seu estilo de vida criminal, Silvana séntese atraída por Walter. A ela divírtelle axudar a levar a cabo o atraco, mais Francesca e Marco se encargan de parar a Walter e os seus cómplices. Francesca e Silvana enfróntanse unha á outra, armadas con pistolas; Francesca explícalle a Silvana que fora manipulada por Walter. Como resposta, Silvana dirixe a súa arma a Walter e mátao. Pouco despois, a culpa lévaa a cometer suicidio. Mentres as outras traballadoras marchan, homenaxéana botando arroz sobre o seu cadáver.
Personaxes Vittorio Gassman como Walter Doris Dowling como Francesca Silvana Mangano como Silvana Raf Vallone como Marco Checco Rissone como Aristide Nico Pepe como Beppe Adriana Sivieri como Celeste Lia Corelli como Amelia Maria Grazia Francia como Gabriella Dedi Ristori como Anna Anna Maestri como Irene Mariemma Bardi como Gianna Maria Capuzzo como Giulia Isabella Zennaro como Rosa Carlo Mazzarella como Gianetto
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gundle, Stephen, 2007. Bellissima: Feminine Beauty and the Idea of Italy. Yale University Press. ISBN 9780300123876. Marcus, Millicent, 1986. Italian Film in the Light of Neorealism. Princeton University Press. ISBN 9780691102085. Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1949 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Giuseppe De Santis Categoría:Filmes producidos por Dino De Laurentiis Categoría:Filmes sobre crime Categoría:Filmes ambientados en 1948 Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes de 1949 con versión en galego