Air Moldova é a aeroliña nacional de Moldova con sede en Chișinău. Opera principalmente servizos regulares e chárter a destinos dentro de Europa dende a súa base no aeroporto de Chișinău.

Historia A aeroliña foi creada no ano 1993 sobre a base da unidade local de Aeroflot. Dende a súa fundación os esforzos da compañía foron na dirección de integrarse no mercado internacional e cumprir cos estándares e normativas para as aeroliñas de primeira liña.

O 13 de xullo de 2004 Air Moldova converteuse en membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional. A aeroliña tamén superou unha auditoría de seguridade nas operacións e obtivo o certificado de operador IOSA. En maio de 2006 a compañía puxo en funcionamento os billetes electrónicos en todos os seus voos. O certificado de operador de Air Moldova permítelle o transporte de pasaxeiros, mercadorías e correo dende xullo de 2007.

En febreiro de 2015 Air Moldova deixou de voar tres rutas a Bucarest, Kíiv e Sochi cando o contrato con Tandem Aero, que as operaba no seu nome, rematou. A ruta Chișinău-Bucarest relanzouse posteriormente o 12 de decembro de 2016.

Frota

En novembro de 2017 a frota de Air Moldova estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Air MoldovaAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasJYTotalAirbus A319-1002—–138138Airbus A320-2002—8162170Embraer E-1903 —6108114Total7—

Embraer asinou un pedido en firme con Air Moldova por 2 Embraer 190. O constrato incluía os dereitos de compra por un aparello máis. A entrega foi o 10 de maio de 2010. Un terceiro Embraer 190 (fabricado en 2009 e anteriormente operado por Lufthansa e Borajet) joined the fleet in 2016.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Moldova