L'insulte (en translit. Qadiyya raqm 23, lit. 'Caso Nº 23') é un filme franco-libanés de 2017 dirixido por Ziad Doueiri e coescrito por Doueiri e Joelle Touma. Foi estreado na sección principal do Festival Internacional de Cine de Venecia. En Venecia, Kamel El Basha gañou a Copa Volpi ó mellor actor. Foi escollido como o candidato do Líbano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, sendo nomeado na 90ª edición dos premios.
Argumento Unha discusión que xurdiu dun incidente trivial leva o cristián libanés Tony e o refuxiado palestino Yasser a intercambiar duras palabras despois de que Yasser intentase reparar un desaugadoiro no balcón de Tony. As consecuencias conducen á violencia, aos enfrontamentos ante a xustiza, que chega a converterse nun caso nacional que reabre vellas feridas a causa da guerra.
Cada un dos protagonistas viuse afectado por un evento histórico traumático na súa mocidade: o masacre de Damour no caso de Tony e o Setembro Negro en Xordania no caso de Yasser.
Personaxes Adel Karam como Tony Hanna Kamel El Basha como Yasser Abdallah Salameh Rita Hayek como Shirine Hanna Camille Salameh como Wajdi Wehbe Diamand Bou Abboud como Nadine Wehbe Talal Jurdi como Talal Christine Choueiri como Manal Salameh Julia Kassar como Xuíza Colette Mansour Rifaat Torbey como Samir Geagea Carlos Chahine como Xuíz Chahine
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Líbano propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Líbano Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Ziad Doueiri