María José Arceo, nada en Santiago de Compostela en 1984, é unha artista galega que traballa no Reino Unido na concienciación do desastre ambiental.
Traxectoria Foi graduada con honor en Fine Art pola Camberwell College of Arts e posgraduada en Art, Design Education pola Goldsmiths, University of London.
A súa instalación Plastiquería, Neocidade e Circuítos con residuos, sobre todo de plástico, das 40 praias do río Támese percorreu a cidade de Londres. A súa instalación Po futuro protagonizou o festival Totally Thames de Londres en 2017.
En 2019 interveu nas praias da Illa de Arousa expoñendo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Obra Specious Extropy, (2011) Concretum, (2011) River Runs Through it #1, (2014) eXXpedition (parte do proxecto) Fluvial Paralax: Water’s Memory, Future Archeology & Sands of Future Dust, 56 Bienal de Venecia. Plástico a mareas, Gaiás, (2019)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de María José Arceo
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1984 Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Ecoloxismo