O aeroporto internacional de Wuhan-Tianhe é un aeroporto que serve a Wuhan, a capital da provincia chinesa de Hubei. Foi inaugurado o 15 de abril de 1995 substituíndo aos vellos aeroportos de Hankou-Wangjiadun e Nanhu como principais aeroportos de Wuhan. Está situado no distrito de Huangpi, a uns 26 quilómetros ao norte do centro de Wuhan. É o aeroporto máis concorrido do centro da CHina, atopándose xeograficamente situado no centro da rede doméstica do país. É unha cidade focal para Air China, China Eastern Airlines e China Southern Airlines. O aeroporto ten voos cara a destinos internacionais como Bangkok, Moscova, Osaca, París, Seúl e Singapur.

No ano 2017 o aeroporto foi utilizado por 23 129 400 pasaxeiros, sendo o 14º máis concorrido do país en número de pasaxeiros. O nome Tianhe (天河) pode traducirse literalmente como "río do ceo"; é tamén un dos nome para a Vía Láctea na antiga China.

Dende o 1 de maio de 2015, pasaxeiros de países como os da Unión Europea, Xapón, Corea do Sur, Rusia e Estados Unidos, cando viaxan a un terceiro país, poden entrar na China dende este aeroporto sen unha visa chinesa ata 72 horas.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Wuhan