O fillo. Acción dramática en dous actos, o segundo dividido en dous cadros (1935) é unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada en Ediciós do Castro en 1982.
Personaxes Xoana Estrela Xenerosa O Crego Mari-Pepa A Descoñecida Florentina Rosalía Faustina Pilariña Pedriño Manueliño Froilanciño Pepiño O Galán A Virxe María O Anxo Coro de Nenos Coro de Anxos
Desenvolvemento A acción desenvólvese nun lugar do interior de Galicia, na época actual e en tempo de inverno.
Acto I.
Sala dunha casa fidalga aldeá. Os personaxes ollan para un nacemento de Nadal.
A señorita da Casa, Xoana, parola co crego e outras mulleres e meniños. Animan a Pilariña para que cante unha panxoliña: . As mulleres e o crego tentan convencer a fidalga que debía casar e ter un home que a amparase, que debía ter fillos que a agarimasen; ademais non lle faltaron pretendentes ricos. Van marchando e escóitase un coro de nenos, despois un coro de anxos. Xoana cre ver a Virxe e un anxo cando escoita un choro de meniño na xanela, colle o rapaciño.
Acto II Cadro I. O mesmo escenario do 1º acto pero sen o nacemento. Xoana cántalle ao meniño: . As criadas Xenerosa e Estrela falan do moito que Xoana quere o neno, do ben que o coida e se desvive polo seu fillo aínda que dubidan de que fose un milagre, máis ben sería froito dos amores dalgunha rapaza que o deixou na fiestra.
Entra Florentina co recado de que Mari-Pepa do Xestal está a morrer e quere ver o meniño. Lévanllo.
O Galán cántalle de amores a Estrela .
Cadro II. A mesma decoración. Xenerosa aclara que Mari-Pepa quería ver o meniño porque era a súa nai. Resulta que coma tantas veces unha moza foi servir, perdeuna un xurafás, tivo o meniño nun alpendre e deixouno na xanela da fidalga ao ver luz.
Agora Xoana xa non recoñece o meniño como fillo, non quere saber del nin coidalo coma antes, perdeuno; que se encargue Estrela dos seus coidados. Xenerosa tenta convencela de que o queira igual. O mesmo fai o crego pero Xoana ata dubida de Deus.
Entra “A Descoñecida” e dialoga con Xoana, a Descoñecida é un desdobramento dela mesma de cando era moza. Nese diálogo vaise resolver o problema do meniño.
Remata a obra entrando Estrela para atender o rapaz.
Características Este drama de mulleres que aborda o tema da maternidade virxinal foi galardoado en 1947 co Premio de teatro Castelao en Buenos Aires e nel hai referencias mítico-simbólicas e xogo de contrarios, características da obra de Carballo Calero.
O propio autor deixou a súa opinión:
E engade:
Para Henrique Rabuñal: Notas
Categoría:Obras literarias de 1982 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de teatro en galego