Andrea López Chao, nada en Mondoñedo en data descoñecida do século XIX, foi unha mestra galega na emigración. Foi directora do Centro Gallego de La Habana e vicepresidenta da asociación Hijas de Galicia. Participou no I Congreso de Mulleres de Cuba en 1923.
Traxectoria Sábese pouco da súa traxectoria en Galicia. Antes de emigrar exerceu como mestra en 1897 en Paradavella, A Fonsagrada. Logo, na escola de Lindín e despois en Couboeira e Viloalle, as tres últimas parroquias do concello de Mondoñedo. En 1898, o xornal El Regional de Lugo, informou sobre o seu nomeamento como mestra interina da escola mixta de Lindín (Mondoñedo) cun soldo anual de 450 pesetas. miniatura|200x200px|Centro Gallego de La HabanaViúva de Santiago Ares Cabanillas, emigrou a Cuba. Alí exerceu a docencia, xogou un papel importante no movemento societario galego na Habana e, preocupada pola situación das mulleres, ocupou relevantes cargos nos movementos feministas. Centro Gallego de La Habana En 1904, El Norte de Galicia relatou que "Andrea López Chao, mestra que foi de Viloalle, en Mondoñedo, foi nomeada directora do establecemento de ensino Centro Gallego da Habana. Gañou dita praza por oposición e goza dun soldo de 75 pesos oro mensuais".miniatura|Hospital Hijas de Galicia.
Alí exerceu como profesora e directora durante anos e, en 1924 ela mesma propuxo o nome do denominado “Plantel de Concepción Arenal”, o cadro de ensino do Centro Galego que cubría clases de ensino primario e clases nocturnas de corte e costura, comercio, taquigrafía etc. Hijas de Galicia En 1917 constituíuse en Cuba a sociedade Hijas de Galicia para axudar, asistir e defender ás mulleres emigrantes galegas dos abusos e discriminacións. O goberno formábano e dirixían homes, ata que en 1919 reformouse o Regulamento e Andrea López Chao converteuse na primeira muller elixida para ocupar a vicepresidencia da asociación.
I Congreso de Mulleres de Cuba. Andrea López Chao participou en representación de Hijas de Galicia no I Congreso de Mulleres de Cuba, organizado polo Club Femenino de Cuba e celebrado na Habana entre o 1 e o 6 de abril de 1923. Asistiron 31 organizacións e reclamaron o dereito ao sufraxio feminino, a igualdade de dereitos e deberes cos homes, combater a droga e a prostitución, modificar o ensino e protexer á infancia.
No seu discurso, titulado “Actuación de la mujer en el hogar” e reproducido por Eco de Galicia o 22 de abril de 1923, amosou a súa opinión sobre o papel que a muller debía desempeñar na sociedade, considerándoa o eixe transformador das familias e parte decisiva na conformación dunha sociedade mellor.
Xubilouse como directora do Concepción Arenal en 1935,Diario de la Marina, 14-9-1935, p. 9. e foi directora auxiliar do presidente da Sección.Diario de la Marina, 18-4-1936, p. 13. En 1936 concedéronlle a carta de naturalización cubana.Diario de la Marina, 11-8-1936, p. 9. Seguiu participando nos actos do Centro Galego polo menos ata 1940.Diario de la Marina, 22-6-1940, p. 10. Recoñecementos Andrea López Chao aparece na novela Sándalo, de María Xosé Porteiro, editada por Galaxia en 2019.
Obra Discurso pronunciado por Andrea López Chao no I Congreso Nacional de Mujeres, celebrado na Habana entre o 1 e 6 de abril de 1923. Eco de Galicia (nº189), 22 de abril de 1923. Notas
Véxase tamén Bibliografía González Pagés, Julio César (2003). Emigración de mujeres gallegas a Cuba: Las Hijas de Galicia. Concello de Vigo Outros artigos Centro Gallego de La Habana
Hijas de Galicia
Ligazóns externas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido